Vistas de página en total

viernes, 13 de enero de 2012

DE SIMIO A HUMANO

O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

É un proceso evolutivo que se inicia cando unha rama dos Primates evoluciona cara formas superiores, ata dar orixe ao HOMO SAPIENS. No transcurso deste longuísimo proceso evolutivo, que dura entre 7 ou 8 millóns de anos, xorden os HOMÍNIDOS, que presentan algunhas características humanas pero aínda manteñen certos rasgos simiescos. O concepto de "hominización", emprégase para definir os cambios ou transformacións que sufriron os homínidos ao longo do tempo ata chegar aos humanos actuais, é dicir, a evolución humana dende unha fisionomía parecida aos simios ata o estado actual.

A hominización tivo o seu orixe no continente africano a principio da Era Cuaternaria. Os millóns de anos que transcorren ao longo deste proceso evolutivo permiten a esta rama dos Primates culminar o proceso de bipedalización, é dicir erguerse totalmente e camiñar en dous pes, adaptándose ao medio ambiente.

O paso ao bipedalismo foi un avance clave no proceso evolutivo. Unha das explicacións máis aceptadas neste profundo cambio, foi que os simios tiveron que “baixar” das árbores como consecuencia dun drástico cambio climático, ocasionado por un período moi seco o que fixo que a selva se transformase en sabana. Este período seco provocou a diminución de gran cantidade de alimentos, polo que os simios se tiveron que aventurar na sabana en busca de lugares onde puidesen conseguir eses alimentos imprescindibles para a vida. Isto obrigáballes a percorrer grandes distancias, para o cal non estaban preparados, xa que o seu esqueleto estaba adaptado á vida nas árbores, e non a camiñar.

Para camiñar debían apoiarse nos longos brazos, porque as súas curtas pernas e a súa cadeira, non resistían longas camiñatas. Pero as altas herbas da sabana obrigábanlles, de vez en cando, a erguerse sobre as pernas para poder ver ao lonxe.

Co tempo, estes primates van adquirindo cada vez máis unha posición erguida ata que aparecen os primeiros homínidos que xa poden camiñar sobre dúas patas, liberando así as mans. No proceso de hominización hai unha serie de adaptacións fundamentais que permitiron chegar ata o ser humano actual. Estas adaptacións son:

a) A marcha bípeda (poder camiñar con dous pes). Esta forma de locomoción provocou unha serie de modificacións imprescindibles: unha columna vertebral con catro curvaturas, que permiten que noso corpo se manteña erguido; unha pelve ancha e un polgar do pe largo e aliñado co resto dos dedos dos pes.

b) A marcha bípeda permitiu liberar as mans, que se converteron en instrumentos moi sensibles, capaces de manipular os obxectos de forma moi precisa e transformar o entorno. Na man humana, destaca o polgar, que é alargado e pode opoñerse ao resto dos dedos da man (pinza). Esto permitirá o desenvolvemento do cerebro, xa que a manipulación de obxectos fai que se aumente a capacidade intelectual.

c) A cara e os dentes. O terceiro logro do proceso de hominización é a diminución gradual do tamaño da cara e dos dentes. Todos os grandes simios están dotados de enormes caninos que destacan do resto dos dentes. A medida que avanzamos no proceso de hominización, vemos que os caninos vanse reducindo de tamaño. Ademais, os dentes que serven para mascar -premolares e molares- tamén diminúen de tamaño progresivamente. Estes cambios provocan unha diminución do tamaño da cara e das mandíbulas. A cara dos primeiros antepasados do ser humano era grande. A medida que os dentes se reduciron, a cara diminuíu, polo que deixou espazo ao cerebro que aumentou de tamaño.

d) Tamaño do cerebro. A marcha bípeda adquiriuse moito antes de que comezara o aumento do volume do cerebro. A maioría dos seres humanos actuais teñen unha capacidade cranial entre 1.300 e 1.500 cm. No transcurso do proceso de hominización, o volume da masa cerebral multiplicouse máis de tres veces, grazas aos estímulos que recibiu o seu cerebro debido á nova forma de andar e a capacidade de manipular instrumentos adquirida ao liberar as mans.

Este desenvolvemento encefálico, conduciu a crear novas estratexias de supervivencia, como un tipo de organización familiar; esto último, debido fundamentalmente ao feito de compartir a comida entre os membros do campamento base o que promocionou a comunicación entre os individuos.

Estimulouse o aprendizaxe a través da fabricación e o uso de instrumentos, incentivándose a coordinación entre man e vista aumentando a motricidade máis fina. O aumento do tamaño do cerebro e da súa complexidade permitiu a evolución cultural e técnica do ser humano.

e) Unha visión binocular consecuencia da posición erguida: os dous ollos miran ao fronte e iso provoca que se teña noción de profundidade e horizonte. Ademais empézase a percibir en cores.
f) A adquisición da linguaxe articulado. Paralelamente ao desenvolvemento do cerebro, a evolución da linguaxe permitiu transmitir información concreta de modo instantáneo asi como numnerosos coñecementos. A linguaxe foi un instrumento perfecto para a evolución cultural do ser humano, que lle levou a controlar o planeta, adaptando o entorno a súas necesidades.

Darwin no seu libro “O orixe das especies”, aseguraba que o ser humano non descende de ningún mono ou simio actual, senón de antepasados que podían recoñecerse como primates. Ademais no mesma obra aventuraba de que África era a berce da humanidade.

A evolución non é un proceso que avanzou directamente á apacición da especie humana, senón que ó longo desta se produciron unha serie de "intentos" de distintas formas de homínidos, que con maior ou menor sorte engadiron pequenas aportacións que culminaron na actual especie de humanos.

Cada unha das especies que forman o entramado do árbol evolutivo dos humanos, conseguiu desenvolver algunha característica especial como camiñar erguido, manipular obxectos, desenvolver unha linguaxe comprensiva, etc, que ao final se condensaron no produto final, que era o home. Pero este proceso non se debe considerar como un medio encamiñado a chegar aos humanos, senón que é un proceso casual, fortuito e espaciado no tempo (tardou entre 2,5-3 millóns de anos en producirse) no que ao final aparece a especie humana como consecuencia de distintos ensaios-erros que permiten que unhas especies se extingan e outras permanezan porque están mellor adaptadas ao medio para sobrevivir.

ACTIVIDADES
1. Visionar os vídeos de youtube: LA ODISEA DE LA ESPECIE, onde se eplica como pudo ser a evoluión dos humanos.



MAPA DE DISTRIBUCIÓN DOS HOMÍNIDOS DENDE A SÚA APARICIÓN EN ÁFRICA



2. Investiga quen é Lucy. ¿Que importancia tivo para a ciencia este descubrimento?
3. Que vantaxes tivo para os homínidos o bipedalismo? Razoa cada unha das respostas.
4. Cres que o resultado da evolución puido ter un final diferente? Por qué?
5. O feito de que os Primates empezaran a camiñar erguidos, influiu no nacemento prematuro das súas crias. Investiga porque, e cales son as súas consecuencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario