Vistas de página en total

viernes, 7 de diciembre de 2012

PRESTIGE

10 ANOS DESPOIS DO DESASTRE DO PRESTIGE...
Os Departamentos de Lengua, Tecnoloxía e Ciencia estamos realizando un traballo sobre o accidente de Prestige. Os nosos alumnos eran moi pequenos e non recordan o feito, polo que están buscando información sobre o ocurrido entón, as causas e as consecuencias que tivo este accidente sobre a poboación, o ecosistema, a economía da zona..., e sobre todo coñecer o que se denominou "marea branca", que foi como se coñeceu aos miles de voluntarios que participaron de xeito voluntario na limpeza das nosas praias e areais. Estes voluntarios, xunto co traballo día e noite dos mariñeiros e mariscadoras da zona, impediron que o chapapote chegase as bateas e destruise os seus cultivos e con eles miles de postos de traballo, tanto directos como indirectos.
Outra perspectiva do traballo, é ver como está a situación 10 anos despois do desastre. Se houbo cambios na lexislación en previsión dun novo accidente, si o contacto co chapapote provocou secuelas aos vlountarios, como se viu afectada a costa: economía, ...etc
Canción protesta sobre o prestige da "Fuga"
Nunca mais