Vistas de página en total

lunes, 2 de diciembre de 2013

FONTES DE ENERXÍA

CÉLULA PROCARIOTA

MITOSE E MEIOSE

lunes, 28 de octubre de 2013

COMPRAR, TIRAR, COMPRAR


DERIVA CONTINENTAL DE WEGENER

A deriva continental, por Alfred Wegener

E sen embargo… ¡móvense!

Alfred Wegener


(Berlín, 1880 - Grenlandia, 1930) foi un meteorólogo alemán que, en 1912, propuxo a teoría da deriva continental, na que defendía cos continentes de ambos lados do océano Atlántico se estaban separando. En 1915, publicou a teoría da TECTÓNICA DE PRACAS onde explicaba que fai aproximadamente 200 millóns de anos existía un gran supercontinente, Panxea, que se disgregou e os seus fragmentos empezáronse a mover á deriva.

Moitos xeólogos ridiculizaron a Wegener polas súas ideas, sinalando que non podía explicar como se movían os continentes. Solo tralo descubrimento da expansión do fondo mariño a mediados do século XX se lle recoñeceu a Wegener o mérito de ser o creador da teoría a Tectónica de Pracas. O concepto de deriva continental orixinalmente foi proposto en 1912 por Alfred Wegener, baseándose no modo en que parecen encaixar as formas dos continentes a cada lado do Atlántico (costas de África e Sudamérica). Xa antes Benxamin Franklin se dera conta do mesmo feito. O parecido da fauna fósil do continente sur e algunhas formacións xeolóxicas levaron a certos xeólogos a conxeturar, arredor de 1900, que o conxunto dos continentes se formaron a partir dun supercontinente.

Isto foi inicialmente ridiculizado pola maioría dos seus colegas, que dicían que a ausencia dunha explicación sobre como podía un continente moverse e derivar, facía a tese por completo irrazonable. A idea da deriva non foi comunmente aceptada como teoría seria en Europa ata os anos 50. Durante a década seguinte, investigacións xeolóxicas dirixidas por R. Dietz, B.Heezen, e H. Hess levaron a súa aceptación por parte dos xeólogos estadounidenses. A teoría da Deriva Continental forma agora parte da teoría da Tectónica de Placas. O fenómeno sucede dende fai centos de millóns de anos. Grazas á conveción do manto, a calor flúe dende o núcleo da Terra cara a codia. Ao ser a astenosfera semilíquida, a sólida litosfera flota e móvese grazas as correntes de conveción. Sudamérica e África distáncianse entre si uns 3 cm ao ano, pola expansión do fondo mariño ao longo da dorsal mesoatlántica.


Evidencias da deriva continental

Existen hoxe en día abundantes probas da deriva continental:

1. Baixo a forma de fósiles animais e vexetais da mesma idade en costas de continentes distintos, o cal suxire que ditas costas estiveron unha vez unidas. Algúns exemplos son os fósiles do crocodilo de auga doce atopados en Brasil e Sudáfrica. Outro exemplo ilustrativo é o descubrimento do réptil acuático coñecido como Lystrosaurus en rochas de igual antigüidade tanto en Sudamérica como en África e a Antártida. Tamén existen probas viventes -especies idénticas habitando dous continentes-, como unha variedade de miñoca de terra que se atopa tanto en Sudamérica como en Sudáfrica.

2. Existen dúas formas principais de evidencias xeolóxicas: secuencias de rocha e franxas magnéticas. Cando os estratos de rocha dos bordes de continentes distintos son moi similares, dedúcese que esas rochas se formaron do mesmo modo, o que indica que orixinalmente estaban unidas. Por exemplo, algunhas rexións de Escocia posúen rochas similares ás do leste de Norteamérica.

3. Outras probas foron aportadas polas teorías oroxénicas actuais, como a evidencia de franxas magnéticas que atopamos en rochas formadas por solidificación do magma volcánico. Cando isto sucede, as partículas de metal contidas no magma alinéanse co campo magnético terrestre e conservan esa posición unha vez que a rocha se solidifica. Como o campo magnético se inverte aproximadamente cada medio millón de anos, as franxas de mineral de orientación magnética vaise alternando en paralelo ao volcán. Dito rastro nas rochas axúdanos a observar como algunhas pracas se moveron separándose doutras.


Cuestións:
1.- ¿Qué di a teoría da Deriva Continental?

2.- ¿Por qué causa non se aceptou nun primeiro momento a teoría de Wegener? ¿Cando se empezou a aceptar?

3.- Comenta as probas biolóxicas que presentou Wegener.

4.- Explica as evidencias xeolóxicas da Deriva Continental referentes á litoloxía.

5.- ¿Qué observación lle deu a idea de que os continentes podían ter estado unidos nun so: o Panxea?

6.- ¿Como explica na actualidade a teoría da Tectónica Global o desprazamento dos continentes?

7.- ¿En qué consiste a proba paleomagnética que hoxe en día corrobora a teoría da Deriva?



















viernes, 25 de octubre de 2013

TRASPLANTE DE ORGANOS


¿Que é un trasplante?
Un trasplante é substituir un órgano ou tecido enfermo por outro que funcione axeitadamente. Hoxe en día constitue unha técnica médica moi desenvolvida que logra magníficos resultados para os receptores. No obstante, necesita obrigatoriamente a existencia de doantes. Sen la solidaridade dos doantes non hai trasplantes.
 Os españois son un pobo solidario. España é o país con maior tasa de doación de todo o mundo. As doacións realízanse siempre de forma altruista e todo o proceso é cuberto, dende o punto de vista económico, polo Sistema Nacional de Saúde. Estas bases de funcionamiento proporcionanos o privilexio de ter maiores posibilidades de obter un trasplante en caso de necesitalo.

 ¿Quen ten acceso a un trasplante?
Persoas enfermas que sofren un dano irreversible nun dos seus órganos (fígado, corazón, pulmón, intestino, páncreas e ril) e non poden curarse con outro tipo de tratamento médico. O trasplante é a única solución para evitar a súa morte ou para levar unha mellor calidade de vida. 

 http://www.publico.es/espana/149381/seis-hospitales-estrenaran-la-donacion-cruzada-en-2009

Trasplante de órganos
http://www.youtube.com/watch?v=mvRqryr6_x8

Trasplante de médula ósea
http://www.mybwmc.org/library/7/100112

martes, 14 de mayo de 2013

El CO2 en la atmósfera alcanza su máximo histórico en 3 millones de años

Estes días o nivel de CO2  na atmosfera acadou niveis históricos, o que supón un grave perigo para o clima da Terra. Un aumento tan considerable, poder ocasionar un desequilibrio ambiental, tan profundo que desencadee un elevado número de desatres naturais. A consecuencia máis directa, e o desxeo dos polos o que cambiará radicalmente o clima da Terra, así como o sistema de corrente mariñas que tamén afectan ao clima. Outros deseastres van asociados ao cambio climático: desaparición de praias, tsunamis, tormentas, tornados...
Deixovos uns enlaces a uns xornais para que podades ler a noticia.

http://www.noticiasdenavarra.com/2013/05/11/sociedad/el-co2-en-la-atmosfera-alcanza-su-maximo-historico-en-3-millones-de-anos

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/10/actualidad/1368210474_280711.html

http://suite101.net/article/aumento-de-co2-causa-desequilibrio-ambiental-y-cambio-climatico-a57018

http://www.ecojoven.com/seis/10/co2.html

viernes, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

FELIZ DÍA DA MULLER
Hoxe 8 de Marzo, celébramos o día da muller, e dende a área de Ciencias, queremos adicalo a algunhas mulleres científicas, que traballaron duramente para demostrar a súa valia, sen ser en moitos casos recoñecida. Estas mulleres traballaron en campos moi diferentes e en numerosas ocasións soportando a indiferenza e mal trato por parte dunha sociedade machista, incluso dentro das propias Universidades onde traballaban.

Esta presentación realizárona as miñas alumnas de 1º da ESO, Laura Fernández e Lucía Daparte, sobre Jane Goodall.




Esta presentación foi realizada por Fernando Otero e Aarón Sánchez, tamén alumnos de 1º da ESO.


 
Jocelyn bell from Conchi Casas

 Esta presentación foi realizada por Carlota Álvarez e Mario Rodríguez

 
 

lunes, 4 de marzo de 2013

CLARA CAMPOAMOR

Para celebrar o día da muller, déixovos un enlace onde fala de Clara Campoamor que foi unha muller republicana que pediu o voto feminino durante a Segunda República, e conseguino, a pesar da oposición de gran parte do parlamento. Espero que vos guste, xa que foi unha muller moi interesante.

http://dl.dropbox.com/u/19102094/8marzo/clara_campoamor.html

HISTORIA DA TERRA

Eiqui tedes uns enlaces que me parecen interesantes para repasar a Historia da Terra e a evolución dos seres vivos.
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esobiologia/4quincena2/index_4quincena2.htm

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos1.htm

http://iesalminares.es/esa/sim/historia_tierra.swf



 

TÁBOA PERIÓDICA INTERACTIVA

Déixovos un enlace a unha táboa periódica interactiva para que poidades repasala.

http://www.ptable.com/?lang=es