Vistas de página en total

lunes, 28 de octubre de 2013

DERIVA CONTINENTAL DE WEGENER

A deriva continental, por Alfred Wegener

E sen embargo… ¡móvense!

Alfred Wegener


(Berlín, 1880 - Grenlandia, 1930) foi un meteorólogo alemán que, en 1912, propuxo a teoría da deriva continental, na que defendía cos continentes de ambos lados do océano Atlántico se estaban separando. En 1915, publicou a teoría da TECTÓNICA DE PRACAS onde explicaba que fai aproximadamente 200 millóns de anos existía un gran supercontinente, Panxea, que se disgregou e os seus fragmentos empezáronse a mover á deriva.

Moitos xeólogos ridiculizaron a Wegener polas súas ideas, sinalando que non podía explicar como se movían os continentes. Solo tralo descubrimento da expansión do fondo mariño a mediados do século XX se lle recoñeceu a Wegener o mérito de ser o creador da teoría a Tectónica de Pracas. O concepto de deriva continental orixinalmente foi proposto en 1912 por Alfred Wegener, baseándose no modo en que parecen encaixar as formas dos continentes a cada lado do Atlántico (costas de África e Sudamérica). Xa antes Benxamin Franklin se dera conta do mesmo feito. O parecido da fauna fósil do continente sur e algunhas formacións xeolóxicas levaron a certos xeólogos a conxeturar, arredor de 1900, que o conxunto dos continentes se formaron a partir dun supercontinente.

Isto foi inicialmente ridiculizado pola maioría dos seus colegas, que dicían que a ausencia dunha explicación sobre como podía un continente moverse e derivar, facía a tese por completo irrazonable. A idea da deriva non foi comunmente aceptada como teoría seria en Europa ata os anos 50. Durante a década seguinte, investigacións xeolóxicas dirixidas por R. Dietz, B.Heezen, e H. Hess levaron a súa aceptación por parte dos xeólogos estadounidenses. A teoría da Deriva Continental forma agora parte da teoría da Tectónica de Placas. O fenómeno sucede dende fai centos de millóns de anos. Grazas á conveción do manto, a calor flúe dende o núcleo da Terra cara a codia. Ao ser a astenosfera semilíquida, a sólida litosfera flota e móvese grazas as correntes de conveción. Sudamérica e África distáncianse entre si uns 3 cm ao ano, pola expansión do fondo mariño ao longo da dorsal mesoatlántica.


Evidencias da deriva continental

Existen hoxe en día abundantes probas da deriva continental:

1. Baixo a forma de fósiles animais e vexetais da mesma idade en costas de continentes distintos, o cal suxire que ditas costas estiveron unha vez unidas. Algúns exemplos son os fósiles do crocodilo de auga doce atopados en Brasil e Sudáfrica. Outro exemplo ilustrativo é o descubrimento do réptil acuático coñecido como Lystrosaurus en rochas de igual antigüidade tanto en Sudamérica como en África e a Antártida. Tamén existen probas viventes -especies idénticas habitando dous continentes-, como unha variedade de miñoca de terra que se atopa tanto en Sudamérica como en Sudáfrica.

2. Existen dúas formas principais de evidencias xeolóxicas: secuencias de rocha e franxas magnéticas. Cando os estratos de rocha dos bordes de continentes distintos son moi similares, dedúcese que esas rochas se formaron do mesmo modo, o que indica que orixinalmente estaban unidas. Por exemplo, algunhas rexións de Escocia posúen rochas similares ás do leste de Norteamérica.

3. Outras probas foron aportadas polas teorías oroxénicas actuais, como a evidencia de franxas magnéticas que atopamos en rochas formadas por solidificación do magma volcánico. Cando isto sucede, as partículas de metal contidas no magma alinéanse co campo magnético terrestre e conservan esa posición unha vez que a rocha se solidifica. Como o campo magnético se inverte aproximadamente cada medio millón de anos, as franxas de mineral de orientación magnética vaise alternando en paralelo ao volcán. Dito rastro nas rochas axúdanos a observar como algunhas pracas se moveron separándose doutras.


Cuestións:
1.- ¿Qué di a teoría da Deriva Continental?

2.- ¿Por qué causa non se aceptou nun primeiro momento a teoría de Wegener? ¿Cando se empezou a aceptar?

3.- Comenta as probas biolóxicas que presentou Wegener.

4.- Explica as evidencias xeolóxicas da Deriva Continental referentes á litoloxía.

5.- ¿Qué observación lle deu a idea de que os continentes podían ter estado unidos nun so: o Panxea?

6.- ¿Como explica na actualidade a teoría da Tectónica Global o desprazamento dos continentes?

7.- ¿En qué consiste a proba paleomagnética que hoxe en día corrobora a teoría da Deriva?



















No hay comentarios:

Publicar un comentario