Para celebrar o día da muller, déixovos un enlace onde fala de Clara Campoamor que foi unha muller republicana que pediu o voto feminino durante a Segunda República, e conseguino, a pesar da oposición de gran parte do parlamento. Espero que vos guste, xa que foi unha muller moi interesante.
Os Departamentos de Lengua, Tecnoloxía e Ciencia estamos realizando un traballo sobre o accidente de Prestige. Os nosos alumnos eran moi pequenos e non recordan o feito, polo que están buscando información sobre o ocurrido entón, as causas e as consecuencias que tivo este accidente sobre a poboación, o ecosistema, a economía da zona..., e sobre todo coñecer o que se denominou "marea branca", que foi como se coñeceu aos miles de voluntarios que participaron de xeito voluntario na limpeza das nosas praias e areais. Estes voluntarios, xunto co traballo día e noite dos mariñeiros e mariscadoras da zona, impediron que o chapapote chegase as bateas e destruise os seus cultivos e con eles miles de postos de traballo, tanto directos como indirectos.
Outra perspectiva do traballo, é ver como está a situación 10 anos despois do desastre. Se houbo cambios na lexislación en previsión dun novo accidente, si o contacto co chapapote provocou secuelas aos vlountarios, como se viu afectada a costa: economía, ...etc
O 8 de Marzo adícase a muller, por iso quero facer un homenaxe a algunhas mulleres que o deron todo polos demais sen esperar nada a cambio. Estas presentacións "circulan" por internet, non son de elaboración propia, pero parécenme moi adecuadas para este día. Feliz día a todas.
Todos debemos poñer un granciño de area para mostrar o noso rexeitamento a violencia de xénero. Non permitades que ninguén decida sobre a vosa vida. Rexeita aos maltratadores.