Vistas de página en total

viernes, 7 de diciembre de 2012

PRESTIGE

10 ANOS DESPOIS DO DESASTRE DO PRESTIGE...
Os Departamentos de Lengua, Tecnoloxía e Ciencia estamos realizando un traballo sobre o accidente de Prestige. Os nosos alumnos eran moi pequenos e non recordan o feito, polo que están buscando información sobre o ocurrido entón, as causas e as consecuencias que tivo este accidente sobre a poboación, o ecosistema, a economía da zona..., e sobre todo coñecer o que se denominou "marea branca", que foi como se coñeceu aos miles de voluntarios que participaron de xeito voluntario na limpeza das nosas praias e areais. Estes voluntarios, xunto co traballo día e noite dos mariñeiros e mariscadoras da zona, impediron que o chapapote chegase as bateas e destruise os seus cultivos e con eles miles de postos de traballo, tanto directos como indirectos.
Outra perspectiva do traballo, é ver como está a situación 10 anos despois do desastre. Se houbo cambios na lexislación en previsión dun novo accidente, si o contacto co chapapote provocou secuelas aos vlountarios, como se viu afectada a costa: economía, ...etc
Canción protesta sobre o prestige da "Fuga"
Nunca mais






miércoles, 17 de octubre de 2012

El planeta Tierra se fractura


ICE AGE 4: A FORMACIÓN DOS CONTINENTES
Espero que vos guste este vídeo tanto como a mín. 
Paréceme unha versión xenial da formación dos continentes.

Ademais podedes ler un artigo sobre como o planeta cambia constantemente. Isto xa vai en serio!!

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/02/actualidad/1349203182_280353.html

viernes, 5 de octubre de 2012

El 17% de las donaciones de la UE se hacen en España


España é o país do mundo onde mais transplante de órganos se realizan. É un xesto altruista e moi humanitario, que axuda a salvar moitas vidas.
Leede este artgo acerca dos trasplantes de órganos que é moi interesante.

http://www.elmundo.es/elmundosalud/2012/10/02/noticias/1349165982.html

Galiciencia 2012

Como cada ano, estamos intentando poñer en marcha unha serie de proxectos para presentar na Galiciencia. De momento, hai cinco grupos interesados. Espero que sigan animados e podamos levalos todos a competir. Moito ánimo e a traballar!!!

El Ártico, con menos de la mitad de hielo que hace 30 años

Ola:
Deixovos un enlace a un artigo sobre o cambio climático que atopei no periódico do País dixital. Fala da situación do Ártico, como consecuencia do aumento das temperaturas.
Está realcionado co tema que estamos vendo en sobre tipos de relevo e como se pode influir nel, sobre todo os humanos.
Espero que vos guste.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/03/actualidad/1349282880_232364.html




domingo, 16 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Ola a todos:
iniciamos unha nova andadura polo outro curso escolar. Despois dun longo verán debemos comezar con enerxías renovadas e con moitas ganas de aprender e traballar. Costaranos a todos empezar, pero cun pouquiño de esforzo, veredes que non é tan complicado!
Benvidos a todos e feliz curso

miércoles, 25 de abril de 2012

AS ECLIPSES







FASES DA LÚA

Nestes vídeos podedes ver como se producen as fases da lúa ou ciclo lunar.


ROBERT KOCH


ALEXANDER FLEMING

Grazas ó descubrimento da penicilina por Alexander Fleming, miles de persoas se salvaron de morrer durante a Segunda Guerra Mundial, pola adminsitración deste antibiótico. Na actualidade, os antibióticos xa forman parte das nosas vidas, incluso en exceso, xa que o abuso ou o mal uso dos antibióticos, están facendo que moitos microorganismos se fagan resistentes.

miércoles, 21 de marzo de 2012

ESTADOS DE AGREGACIÓN DA MATERIA

Enlace para repasar os estados de agregación da materia

LEIS DOS GASES

Enalce para repasar as leis dos gases
Leis dos gases

CONCEPTO DE MOL

Veredes que fácil é o concepto de mol!!

HISTORIA DO ÁTOMO


A ORIXE DO HOME


MARIA MITCHELL (ASTRÓNOMA)

Esta presentación é sobre unhas das primeiras mulleres astrónomas da Historia. EStá realizadas por alumnos dos IES Otero Pedrayo de Ourense, e paréceme moi interesante. Espero que vos guste!Guiño



EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS

Vídeo de como desapareceron os dinosaurios da Terra, fai 65 millóns de anos, o que permitiu que outras especies puidesen tomar o relevo, como foi o caso dos mamíferos. A partir deste intre empezaría o dominio dos mamíferos en cade todos os ecosistemas. Espero que vos guste 

AS ERAS XEOLÓXICAS

 

ERA PRECÁMBRICO
 

ERA PRIMARIA OU PALEOZOICA
 




CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS


miércoles, 14 de marzo de 2012

jueves, 8 de marzo de 2012

DIA DA MULLER

 RITA MONTALCINI


IRENA SENDLER



O 8 de Marzo adícase a muller, por iso quero facer un homenaxe a algunhas mulleres que o deron todo polos demais sen esperar nada a cambio. Estas presentacións "circulan" por internet, non son de elaboración propia, pero parécenme moi adecuadas para este día. Feliz día a todas.

miércoles, 29 de febrero de 2012

jueves, 26 de enero de 2012

lunes, 23 de enero de 2012

SIMPSONS E A TÁBOA PERIÓDICA

Que no vos pase como a Bart!!! A estudar a táboa periódica!!

MODELO ATÓMICO DE RUTHERFORD

Mediante este experimento, Rutherford demostrou a existencia de partículas positivas no núcleo do átomo, cando son bombardeadas con partículas alfa, que están cargadas positivamente.

O ÁTOMO

Vídeo para repasar a historia do descubrimento do átomo e das súas partículas.

viernes, 20 de enero de 2012

A COR DA PEL



Mapa da distribución dos seres humanos segundo o tono da pel, considerando as poboacións nativas anteriores ao séc.XVI.


Cada raza posúe as súas propias virtudes ou vantaxes e tamén os seus propios defectos o desvantaxes. Descubriuse que cada raza está adaptada para vivir nas condicións esixidas polo seu entorno xeográfico de orixe.

A VITAMINA D E A COR DA PEL

Os seres humanos na súa maioría non son nin moi brancos nin moi escuros: son morenos. A branquísima pel dos europeos do norte e os seus descendentes e as negrísimas peles dos centroafricanos e os seus descendentes, son probablemente adaptacións especiais. É posible que os negros y os brancos contemporáneos teñan compartido, hai tan só 10.000 años, os mesmos devanceiros de pel morena. A pel humana debe a súa cor á presencia dunhas partículas chamadas melanina. A función principal da melanina é a de protexer as capas cutáneas superficiais dos danos que poderían ocasionarlle os raios ultravioleta irradiados polo sol.


A falta de pelo que nos servía de protección solar como ocorre na maioría dos mamíferos, exponnos a dúas clases de perigos por irradiación: as queimaduras correntes coas súas bochas, os seus sarabullos e os riscos de infección. Tamén os diversos tipos de cancro de pel, entre eles o melanoma que é un dos máis mortíferos que existen. A melanina constitúe a primeira liña de defensa do organismo contra estas enfermidades. Canto maior é o número de partículas de melanina, máis morena será a pel e menor o risco de queimaduras e cancro de pel. Isto explica por que as maiores porcentaxes de cancro de pel se dan en países soleados como Australia, onde persoas de pel clara, descendentes de europeos, pasan boa parte das súas vidas ao aire libre lixeiramente vestidos. As persoas de pel moi escura raras veces contraen este tipo de cancro. Cando isto acontece, prodúcese nas partes do corpo sen pigmento (labios e palmas das mans). A pel clara é moi sensible aos raios solares das zonas tropicais, polo que a exposición prolongada aos mesmos causa graves problemas á pel, resultando máis fácil o desenvolvemento do cancro.


Se a exposición á radiación solar só tivese efectos prexudiciais, a selección natural teríase decantado polo negro “betume” para todas as poboacións humanas. Pero os raios do sol tamén son beneficiosos, de feito son necesarios xa que ao incidir sobre a pel, a luz do sol converte en vitamina D as substancias graxas da epiderme. O sangue transporta a vitamina D aos intestinos (converténdoa nunha hormona), onde desempeña un papel fundamental na absorción do calcio. Pola súa parte, o calcio é indispensábel para a fortaleza dos ósos. Sen el as persoas contraen doenzas deformadoras coma o raquitismo y a osteomalacía (amolecemento dos ósos debido a unha falta de vitamina D ou a un problema coa capacidade do corpo para descompoñer e empregar esta vitamina). Nas mulleres a deficiencia de calcio pode orixinar unha deformación do conducto pelviano, coa secuela de parto mortal para a nai e o feto.


A vitamina D obtense de poucos alimentos, principalmente de aceites e fígados de peixes mariños, pero as poboacións do interior vense obrigadas a depender dos raios do sol e da súa propia pel para obter a subministración desta substancia fundamental.


A color da pel específica dunha poboación humana representa unha solución entre os perigos dunha radiación excesiva y os dunha radiación insuficiente, é dicir, entre as queimaduras agudas y o cancro de pel, por un lado, e o raquitismo y a osteomalacía, por outro. Dita solución explica o predominio mundial dos morenos e a tendencia xeral a unha pel máis escura entre as poboacións ecuatoriais e máis clara entre as que habitan en latitudes máis altas. Nas latitudes ecuatoriais, o sol está brillando a maior parte do ano, polo que nestas zonas no hai carencia de vitamina D e o raquitismo y la osteomalacía son infrecuentes. Nas latitudes medias a pel segue a estratexia de cambiar de cor segundo as estacións. Arredor da conca mediterránea, por exemplo, a exposición ao sol estival leva un alto risco de cancro e un risco pequeno de raquitismo, o corpo produce máis melanina e escurécese (broncéase). No inverno mingua o risco de queimaduras e cancro, o corpo produce menos melanina e o bronceado desaparece.


Os europeos setentrionais, que se ven obrigados a vestir roupas de abondo para protexerse dos invernos fríos e longos sempre correron o risco de contraer raquitismo e osteomalacía pola falta de vitamina D e calcio. A correlación entre a cor da pel e a latitude non é perfecta, porque outros factores (como a dispoñibilidade de alimentos ricos en vitamina D, a cantidade de roupa que se vista e as preferencias culturais) poden obrar a favor ou en contra desta relación. Os esquimós do ártico, por exemplo, en contra do que podía preverse non son de pel moi clara, pero o seu hábitat e a súa economía permítenlles unha dieta excepcionalmente rica en vitamina D e calcio.


Os ollos de color más escura están adaptados para poder absorber a excesiva luz solar y así mellorar a súa visión, mentres que os ollos claros están adaptados para reflectila co mesmo fin, como acontece en zonas polares, climas montañosos e na tundra, onde abunda a neve e o xeo. As diferenzas de color de ollos e pel en poboacións xeográficas xurdiron así nos comezos da nosa historia, debido ás vantaxes evolutivas das características dos habitantes de cada rexión, segundo a cantidade de luz solar.


Concluíndo: o racismo como todo tipo de prexuízo ou idea preconcibida ten, fundamentalmente, unha orixe irracional e baseada na ignorancia e en crenzas falsas que serviron para lexitimar situacións inxustas ao longo da historia. As diferenzas explícanse por una cuestión evolutiva, e dicir, por un problema de sintetización dunha substancia química necesaria para a nosa supervivencia. ¿NON É RIDÍCULO?

EXPLORANDO O ARRECIFE DE CORAL CON "BUSCANDO A NEMO"

Ola: podedes darvos un paseo polo arrecife de coral, con este vídeo onde sae Nemo e os seus amigos do arrecife. O vídeo non ten moita calidade, pero está interesante.

POR QUE OS CORAIS NON SON PLANTAS?

Neste vídeo explican porque os corais, a pesar de parecer plantas con esa estrutura arbórea, e cuns pequenos pólipos que parecen flores, non o son, xa que a súa alimentación é heterótrofa.

jueves, 19 de enero de 2012

AS MEDUSAS


Ola chicos: deíxovos o vídeo da medusa para que poidades velo cando queirades. Recordade que as medusas son invertebrados que pertencen ao grupo dos Cnidarios. Estudade moito para o exame.

martes, 17 de enero de 2012

APRENDE ZOOLOXIA CON BOB ESPONXA

Ola chicos:
vamos a repasar os invertebrados, e para iso deixovos un enlace a un blogs, onde estuda os invertebrados axudándose de Bob esponxa. Ánimo e espero que vos guste!    


     http://amazings.es/2010/08/16/aprende-zoologia-con-bob%20esponja/

viernes, 13 de enero de 2012

DE SIMIO A HUMANO

O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

É un proceso evolutivo que se inicia cando unha rama dos Primates evoluciona cara formas superiores, ata dar orixe ao HOMO SAPIENS. No transcurso deste longuísimo proceso evolutivo, que dura entre 7 ou 8 millóns de anos, xorden os HOMÍNIDOS, que presentan algunhas características humanas pero aínda manteñen certos rasgos simiescos. O concepto de "hominización", emprégase para definir os cambios ou transformacións que sufriron os homínidos ao longo do tempo ata chegar aos humanos actuais, é dicir, a evolución humana dende unha fisionomía parecida aos simios ata o estado actual.

A hominización tivo o seu orixe no continente africano a principio da Era Cuaternaria. Os millóns de anos que transcorren ao longo deste proceso evolutivo permiten a esta rama dos Primates culminar o proceso de bipedalización, é dicir erguerse totalmente e camiñar en dous pes, adaptándose ao medio ambiente.

O paso ao bipedalismo foi un avance clave no proceso evolutivo. Unha das explicacións máis aceptadas neste profundo cambio, foi que os simios tiveron que “baixar” das árbores como consecuencia dun drástico cambio climático, ocasionado por un período moi seco o que fixo que a selva se transformase en sabana. Este período seco provocou a diminución de gran cantidade de alimentos, polo que os simios se tiveron que aventurar na sabana en busca de lugares onde puidesen conseguir eses alimentos imprescindibles para a vida. Isto obrigáballes a percorrer grandes distancias, para o cal non estaban preparados, xa que o seu esqueleto estaba adaptado á vida nas árbores, e non a camiñar.

Para camiñar debían apoiarse nos longos brazos, porque as súas curtas pernas e a súa cadeira, non resistían longas camiñatas. Pero as altas herbas da sabana obrigábanlles, de vez en cando, a erguerse sobre as pernas para poder ver ao lonxe.

Co tempo, estes primates van adquirindo cada vez máis unha posición erguida ata que aparecen os primeiros homínidos que xa poden camiñar sobre dúas patas, liberando así as mans. No proceso de hominización hai unha serie de adaptacións fundamentais que permitiron chegar ata o ser humano actual. Estas adaptacións son:

a) A marcha bípeda (poder camiñar con dous pes). Esta forma de locomoción provocou unha serie de modificacións imprescindibles: unha columna vertebral con catro curvaturas, que permiten que noso corpo se manteña erguido; unha pelve ancha e un polgar do pe largo e aliñado co resto dos dedos dos pes.

b) A marcha bípeda permitiu liberar as mans, que se converteron en instrumentos moi sensibles, capaces de manipular os obxectos de forma moi precisa e transformar o entorno. Na man humana, destaca o polgar, que é alargado e pode opoñerse ao resto dos dedos da man (pinza). Esto permitirá o desenvolvemento do cerebro, xa que a manipulación de obxectos fai que se aumente a capacidade intelectual.

c) A cara e os dentes. O terceiro logro do proceso de hominización é a diminución gradual do tamaño da cara e dos dentes. Todos os grandes simios están dotados de enormes caninos que destacan do resto dos dentes. A medida que avanzamos no proceso de hominización, vemos que os caninos vanse reducindo de tamaño. Ademais, os dentes que serven para mascar -premolares e molares- tamén diminúen de tamaño progresivamente. Estes cambios provocan unha diminución do tamaño da cara e das mandíbulas. A cara dos primeiros antepasados do ser humano era grande. A medida que os dentes se reduciron, a cara diminuíu, polo que deixou espazo ao cerebro que aumentou de tamaño.

d) Tamaño do cerebro. A marcha bípeda adquiriuse moito antes de que comezara o aumento do volume do cerebro. A maioría dos seres humanos actuais teñen unha capacidade cranial entre 1.300 e 1.500 cm. No transcurso do proceso de hominización, o volume da masa cerebral multiplicouse máis de tres veces, grazas aos estímulos que recibiu o seu cerebro debido á nova forma de andar e a capacidade de manipular instrumentos adquirida ao liberar as mans.

Este desenvolvemento encefálico, conduciu a crear novas estratexias de supervivencia, como un tipo de organización familiar; esto último, debido fundamentalmente ao feito de compartir a comida entre os membros do campamento base o que promocionou a comunicación entre os individuos.

Estimulouse o aprendizaxe a través da fabricación e o uso de instrumentos, incentivándose a coordinación entre man e vista aumentando a motricidade máis fina. O aumento do tamaño do cerebro e da súa complexidade permitiu a evolución cultural e técnica do ser humano.

e) Unha visión binocular consecuencia da posición erguida: os dous ollos miran ao fronte e iso provoca que se teña noción de profundidade e horizonte. Ademais empézase a percibir en cores.
f) A adquisición da linguaxe articulado. Paralelamente ao desenvolvemento do cerebro, a evolución da linguaxe permitiu transmitir información concreta de modo instantáneo asi como numnerosos coñecementos. A linguaxe foi un instrumento perfecto para a evolución cultural do ser humano, que lle levou a controlar o planeta, adaptando o entorno a súas necesidades.

Darwin no seu libro “O orixe das especies”, aseguraba que o ser humano non descende de ningún mono ou simio actual, senón de antepasados que podían recoñecerse como primates. Ademais no mesma obra aventuraba de que África era a berce da humanidade.

A evolución non é un proceso que avanzou directamente á apacición da especie humana, senón que ó longo desta se produciron unha serie de "intentos" de distintas formas de homínidos, que con maior ou menor sorte engadiron pequenas aportacións que culminaron na actual especie de humanos.

Cada unha das especies que forman o entramado do árbol evolutivo dos humanos, conseguiu desenvolver algunha característica especial como camiñar erguido, manipular obxectos, desenvolver unha linguaxe comprensiva, etc, que ao final se condensaron no produto final, que era o home. Pero este proceso non se debe considerar como un medio encamiñado a chegar aos humanos, senón que é un proceso casual, fortuito e espaciado no tempo (tardou entre 2,5-3 millóns de anos en producirse) no que ao final aparece a especie humana como consecuencia de distintos ensaios-erros que permiten que unhas especies se extingan e outras permanezan porque están mellor adaptadas ao medio para sobrevivir.

ACTIVIDADES
1. Visionar os vídeos de youtube: LA ODISEA DE LA ESPECIE, onde se eplica como pudo ser a evoluión dos humanos.



MAPA DE DISTRIBUCIÓN DOS HOMÍNIDOS DENDE A SÚA APARICIÓN EN ÁFRICA



2. Investiga quen é Lucy. ¿Que importancia tivo para a ciencia este descubrimento?
3. Que vantaxes tivo para os homínidos o bipedalismo? Razoa cada unha das respostas.
4. Cres que o resultado da evolución puido ter un final diferente? Por qué?
5. O feito de que os Primates empezaran a camiñar erguidos, influiu no nacemento prematuro das súas crias. Investiga porque, e cales son as súas consecuencias.