Vistas de página en total

viernes, 20 de enero de 2012

A COR DA PEL



Mapa da distribución dos seres humanos segundo o tono da pel, considerando as poboacións nativas anteriores ao séc.XVI.


Cada raza posúe as súas propias virtudes ou vantaxes e tamén os seus propios defectos o desvantaxes. Descubriuse que cada raza está adaptada para vivir nas condicións esixidas polo seu entorno xeográfico de orixe.

A VITAMINA D E A COR DA PEL

Os seres humanos na súa maioría non son nin moi brancos nin moi escuros: son morenos. A branquísima pel dos europeos do norte e os seus descendentes e as negrísimas peles dos centroafricanos e os seus descendentes, son probablemente adaptacións especiais. É posible que os negros y os brancos contemporáneos teñan compartido, hai tan só 10.000 años, os mesmos devanceiros de pel morena. A pel humana debe a súa cor á presencia dunhas partículas chamadas melanina. A función principal da melanina é a de protexer as capas cutáneas superficiais dos danos que poderían ocasionarlle os raios ultravioleta irradiados polo sol.


A falta de pelo que nos servía de protección solar como ocorre na maioría dos mamíferos, exponnos a dúas clases de perigos por irradiación: as queimaduras correntes coas súas bochas, os seus sarabullos e os riscos de infección. Tamén os diversos tipos de cancro de pel, entre eles o melanoma que é un dos máis mortíferos que existen. A melanina constitúe a primeira liña de defensa do organismo contra estas enfermidades. Canto maior é o número de partículas de melanina, máis morena será a pel e menor o risco de queimaduras e cancro de pel. Isto explica por que as maiores porcentaxes de cancro de pel se dan en países soleados como Australia, onde persoas de pel clara, descendentes de europeos, pasan boa parte das súas vidas ao aire libre lixeiramente vestidos. As persoas de pel moi escura raras veces contraen este tipo de cancro. Cando isto acontece, prodúcese nas partes do corpo sen pigmento (labios e palmas das mans). A pel clara é moi sensible aos raios solares das zonas tropicais, polo que a exposición prolongada aos mesmos causa graves problemas á pel, resultando máis fácil o desenvolvemento do cancro.


Se a exposición á radiación solar só tivese efectos prexudiciais, a selección natural teríase decantado polo negro “betume” para todas as poboacións humanas. Pero os raios do sol tamén son beneficiosos, de feito son necesarios xa que ao incidir sobre a pel, a luz do sol converte en vitamina D as substancias graxas da epiderme. O sangue transporta a vitamina D aos intestinos (converténdoa nunha hormona), onde desempeña un papel fundamental na absorción do calcio. Pola súa parte, o calcio é indispensábel para a fortaleza dos ósos. Sen el as persoas contraen doenzas deformadoras coma o raquitismo y a osteomalacía (amolecemento dos ósos debido a unha falta de vitamina D ou a un problema coa capacidade do corpo para descompoñer e empregar esta vitamina). Nas mulleres a deficiencia de calcio pode orixinar unha deformación do conducto pelviano, coa secuela de parto mortal para a nai e o feto.


A vitamina D obtense de poucos alimentos, principalmente de aceites e fígados de peixes mariños, pero as poboacións do interior vense obrigadas a depender dos raios do sol e da súa propia pel para obter a subministración desta substancia fundamental.


A color da pel específica dunha poboación humana representa unha solución entre os perigos dunha radiación excesiva y os dunha radiación insuficiente, é dicir, entre as queimaduras agudas y o cancro de pel, por un lado, e o raquitismo y a osteomalacía, por outro. Dita solución explica o predominio mundial dos morenos e a tendencia xeral a unha pel máis escura entre as poboacións ecuatoriais e máis clara entre as que habitan en latitudes máis altas. Nas latitudes ecuatoriais, o sol está brillando a maior parte do ano, polo que nestas zonas no hai carencia de vitamina D e o raquitismo y la osteomalacía son infrecuentes. Nas latitudes medias a pel segue a estratexia de cambiar de cor segundo as estacións. Arredor da conca mediterránea, por exemplo, a exposición ao sol estival leva un alto risco de cancro e un risco pequeno de raquitismo, o corpo produce máis melanina e escurécese (broncéase). No inverno mingua o risco de queimaduras e cancro, o corpo produce menos melanina e o bronceado desaparece.


Os europeos setentrionais, que se ven obrigados a vestir roupas de abondo para protexerse dos invernos fríos e longos sempre correron o risco de contraer raquitismo e osteomalacía pola falta de vitamina D e calcio. A correlación entre a cor da pel e a latitude non é perfecta, porque outros factores (como a dispoñibilidade de alimentos ricos en vitamina D, a cantidade de roupa que se vista e as preferencias culturais) poden obrar a favor ou en contra desta relación. Os esquimós do ártico, por exemplo, en contra do que podía preverse non son de pel moi clara, pero o seu hábitat e a súa economía permítenlles unha dieta excepcionalmente rica en vitamina D e calcio.


Os ollos de color más escura están adaptados para poder absorber a excesiva luz solar y así mellorar a súa visión, mentres que os ollos claros están adaptados para reflectila co mesmo fin, como acontece en zonas polares, climas montañosos e na tundra, onde abunda a neve e o xeo. As diferenzas de color de ollos e pel en poboacións xeográficas xurdiron así nos comezos da nosa historia, debido ás vantaxes evolutivas das características dos habitantes de cada rexión, segundo a cantidade de luz solar.


Concluíndo: o racismo como todo tipo de prexuízo ou idea preconcibida ten, fundamentalmente, unha orixe irracional e baseada na ignorancia e en crenzas falsas que serviron para lexitimar situacións inxustas ao longo da historia. As diferenzas explícanse por una cuestión evolutiva, e dicir, por un problema de sintetización dunha substancia química necesaria para a nosa supervivencia. ¿NON É RIDÍCULO?

No hay comentarios:

Publicar un comentario